Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral entendémola desde a implicación do alumnado, partindo a miúdo os temas das experiencias propias (acceso á cultura, hábitos de lecer, os equipamentos de proximidade que frecuenta, pertenza á entidades cívicas, conciencia sobre asuntos sociais, etc). |
Análise de fontes documentais |
Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente ou simplemente como elemento motivador, mesmo provocador. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aquí, o profesor, valorará en gran medida, mesmo para a cualificación final, a cantidade e calidade da participación do alumnado.
A defensa de propostas elaboradas en equipo polo alumnado, o libro forum e outras actividades prácticas, deberán ser defendidas en lingua galega. |
Mesa redonda |
Exercicios de habilidades expresivo-comunicativas |