Recoméndase realizar
un seguimento continuado da materia, estando ao día nas entregas dos traballos
tutelados, así como organizando o portafolios do alumno/a ou plan de
comunicación dende as primeiras sesións de traballo na aula. De igual modo,
recoméndase facer uso do horario de titorías da profesora, ben individualmente,
ben en pequeno grupo, facilitando así a comprensión dos contidos, a
organización do traballo autónomo e a resolución de dúbidas ou cuestións que o
alumnado formule. Consultar concienzudamente o material
obrigatorio, así como aqueloutro complementario que a profesora poñerá a
disposición do alumnado na Moodle da materia, facendo o
alumno/a a súa propia organización do mesmo, así como unha lectura comprensiva. O material complementario está especificamente pensado para apoiar ao alumnado na realización
dos traballos tutelados que se proporán e tamén orientados ao desenvolvemento do
portafolios ou plan de comunicación, polo que se recomenda a súa consulta e citación nestes
traballos. De igual modo,
recoméndase encarecidamente que os traballos que realice e entregue o alumnado
sexan orixinais, evitando sempre o plaxio e limitando a extracción de ideas
alleas sen a debida análise previa. O alumnado debe xestionar adecuadamente as
referencias bibliográficas e as fontes de información que empregue
para construír os traballos propostos, polo que se anima a este a consultar os
manuais de citación APA ou a solucionar coa profesora dúbidas neste senso.
Para preparar a proba mixta
recoméndase ao alumnado, levar un seguimento continuado da materia,
estruturando os contidos en mapas conceptuais e sintetizando aquela información
máis relevante extraída dos materiais de referencia da mesma que estarán á súa
disposición na Moodle. Igualmente, aconséllase comprender en profundidade os
contidos, máis alá de memorizalos de forma literal, ser quen de explicalos e de
relacionalos entre si e/ou con outros contidos da propia titulación. Recoméndase
os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non
empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e preveir impactos negativos sobre o medio natural, así como ter en conta tamén a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sutentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Recoméndase ao alumnado empregar unha linguaxe inclusiva en tódolos traballos entregados, facendo un tratamento carente de exclusións discursivas e realizando unha construcción discursiva da realidade social, integradora e incluínte. |