Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables Código 652G03022
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A pobreza, a marxinación, a vulnerabilidade e a exclusión son aspectos inherentes aos modelos de organización política, económica e social contemporáneos. Estas realidades supoñen formas de vida singularizadas pola precariedade económica, a falta de oportunidades ou desigualdade no acceso a mellores condicións de vida ou ben a privación de dereitos, aspectos que dificultan a realización persoal e social. É unha finalidade da Educación Social visibilizar estas realidades, promover a toma de conciencia sobre o funcionamiento da sociedade actual e actuar en consecuencia desde unha posición crítica, de forma que se desenvolvan procesos encamiñados á emancipación das persoas, ao seu fortalecemento como suxeitos de dereitos, á súa integración e participación social, así como á transformación das sociedades, para que se tornen máis xustas. Con esta idea, na materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, partiremos dun achegamento aos referentes teórico-conceptuais que permitan comprender e explicar as situacións de vulnerabilidade e exclusión social, contextualizadas no marco socioeconómico e político máis amplo, así como discernir os factores e as fases presentes nos procesos e traxectorias vitais que conducen a estas situacións. Así mesmo, é importante coñecer o marco legal e institucional que lexitima e (de)limita a intervención socioeducativa para a prevención, protección e inclusión de minorías e colectivos vulnerables. Achegarémonos a diferentes contextos e realidades de exclusión social e ás propostas socioeducativas, que, en forma de programas, proxectos, recursos, redes… tratan de promover a inclusión social. Unha aproximación que nos permita poñer en cuestión e valorar a súa pertinencia en termos pedagóxicos e sociais. Finalmente, interésanos coñecer as funcións que ocupan ao/á educador/a social nos diferentes programas, recursos ou institucións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contenidos: non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas salvo o obradoiro de teatro del oprimido. Na descrición de cada metodoloxía inclúese a adaptación que se realizará no caso de nova situación de alarma *Metodoloxías docentes que se modifican Obradoiro (será substituído por unha sesión de traballo colaborativo mediante Teams). 3. Mecanismos de atención personalizada Foro da materia no Moodle, para trasladar consultas sobre os contidos, metodoloxías e actividades, de forma que sexan visibles e accesibles para todo o alumnado (revisión diaria do foro por parte da docente); teams para a realización das sesiones de seguimiento e acompañamiento dos traballos grupais e para titorías individuales solicitadas (establecerase un mínimo de tres sesiones de titoría grupales obligatorias para o traballo grupal). 4. Modificacións na avaliación: non hai modificacións *Observacións de evaluación: No caso de novo estado de alarma, o examen do alumnado que non poida participar da evaluación continua, será oral e realizarase a través de Teams o por teléfono. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificaciones. Todo o material necesario estará disponible no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes