Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Antropoloxía da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Antropoloxía da educación Código 652G03029
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página web de la Fac. de Ciencias de la Educación)
Descrición xeral A materia Antropoloxía da educación tenta asentar no alumno unha reflexión sobre a significación humana do proceso educativo; é dicir, fundamentar os procesos formativos desde unha perspectiva antropolóxica, tanto no sentido da antropoloxía filosófica coma no da antropoloxía cultural. Establece unha conexión entre a índole cultural do ser humán (o home non é mera natureza, senón animal cultural) e a necesidade conseguinte da educación como ingredinte esencial da cultura. Presta, por outra banda, particular atención ó carácter multicultural do mundo contemporáneo, con decisivas consecuencias no eido educativo, e á necesidade de dotar ó proceso educativo dun espírito crítico que cuestione os estereotipos responsables das diferentes formas de marxinación e exclusión sociais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos traballados *Metodoloxías docentes que se modifican De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail oumesmo Microsoft Teams 3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías 4. Modificacións na avaliación Suprímese a proba mixta, resultando a cualificación do alumno dos seguintes aspectos: 3 comentarios (50 %) - proba do libro de lectura (30%) - traballo persoal sobre un dos 5 temas (20 %) *Observacións de avaliación: Os criterios de avaliación dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial A proba do libro de lectura farase virtualmente e constará de cuestións de resposta breve O traballo persoal realizarase sobre un dos 2 temas non traballados nos comentarios. Valorarase a aportación persoal na súa elaboración (tanto en contidos como en prantexamento expositivo), de xeito que non sexa unha mera "reproducción" dos contidos tratados na clase 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ó igual que no ensino presencial, facilitarse ó alumnado arquivos con material complementario sobre as unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes