CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 30 créditos ECTS da materia (750 horas), 370 son de carácter presencial e 380 horas de carácter non-presencial ou de traballo autónomo.
Das 370 horas de carácter presencial, 350 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade.
O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).
O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Contingency plan
1. Modifications to the contents
2. Methodologies
*Teaching methodologies that are maintained
*Teaching methodologies that are modified
3. Mechanisms for personalized attention to students
4. Modifications in the evaluation
*Evaluation observations:
5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.