Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo Código 652G03036
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página Web de la Facultad de Ciencias de la Educación)
Descrición xeral A materia "Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo" proponse prantexar ao alumno, desde una perspectiva filosófica (polos conceptos e teorías ós que se recurre, tomados do pensamento do século XX), unha reflexión sobre algúns dos principais desafíos que debe afrontar a sociedade contemporánea. Trátase de cuestións que afectan, desde un punto de vista reflexivo, á labor dos educadores sociais, pois as dificultades prácticas que estes teñen que afrontar non poden desligarse dalgúns dos grandes problemas abordados pola filosofía do pasado século. Cuestións como o debate en torno á posmodernidade, a presencia da barbarie na historia máis recente, a crítica dunha racionalidade unilateralmente orientada ó científico-técnico, os procesos de emancipación da muller ou a impronta da secularización na nosa situación cultural cóntanse entre os asuntos a reflexionar a partir de textos filosóficos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos traballados *Metodoloxías docentes que se modifican De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail ou mesmo Microsoft Teams 3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías 4. Modificacións na avaliación Suprímese a proba mixta, resultando a cualificación do alumno dos seguintes aspectos: 3 comentarios (50 %) - proba do libro de lectura (30%) - traballo persoal sobre un dos 5 temas (20 %) *Observacións de avaliación: Os criterios de avaliación dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial A proba do libro de lectura farase virtualmente e constará de cuestións de resposta breve O traballo persoal realizarase sobre un dos 2 temas non traballados nos comentarios. Valorarase a aportación persoal na súa elaboración (tanto en contidos como en prantexamento expositivo), de xeito que non sexa unha mera "reproducción" dos contidos tratados na clase 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ó igual que no ensino presencial, facilitarse ó alumnado arquivos con material complementario sobre as unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes