Un dos principais ámbitos de intervención profesional do/a educador/a social reside na Administración Local e as súas políticas activas. Coñecer os trazos definitorios (legais, competenciais, arbitrarios...) de dito contexto político-xeográfico é labor desta materia. Polo tanto, abordaremos aspectos tanto teóricos como prácticos que melloren a formación do alumnado interesado en achegarse ao labor dos municipios como axencias educativas e culturais.
Desde un enfoque preponderantemente práctico e pre-profesional, coñeceremos programas de aquelas adminsitracións máis proactivas e tamén de outos axentes locales.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
en caso de cambiar as circunstancias docentes para todos/as, estarán a disposición do alumnado os powerpoints grabados en moodle. Os contidos serán os mesmos agás as actividades específicas (saídas, visitas, charla) que o profesor planifique.
2. Metodoloxías
Manteñense todas agás aquelas que esixan presencialidade. Se así for, actividades tipo libroforum, saída, etc, cambiarían de formato a dixital ou non se realizarían.
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as que a presencialidade non impida.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha e se é o caso, consensuaranse co alumnado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teléfono, moodle, skype, correo electrónico e teams
4. Modificacións na avaliación
Ningunha, pois todas as previstas poden non ser presenciais.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha, pois todas as referencias biblioográficas están ao alcance on line
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías