Case study |
Analizaranse casos presentados en diversos formatos: video, texto, oral, etc. |
Research (Research project) |
O alumnado en pequenos equipos terán que realizar unha entrevista a unha persoa que se lle proporcione información sobre a súa propia traxectoria persoal, facendo fincapé nos obstáculos pero tamén nas cuestións que favorecen o seu desenvolvemento individual e colectivo, tanto no ámbito educativo como social. A partir da entrevista, farase unha análise e interpretación da información, que se apoiará en bibliografía tanto proporcionada pola profesora como recollida polo propio alumnado. Finalmente farán unha proposta de intervención logopédica dende unha perspectiva inclusiva. |
Short answer questions |
O alumnado terá que facer unha proba sobre os contidos básicos da materia. A proba consistirá en preguntas breves, que o alumnado terá que responder tendo en conta a súa opinión fundamentada e/ou contrastada coas doutros autores e autores traballadas na materia. |
Workbook |
Na aula proporcionaranse unha serie de lecturas que terán que ler todos os alumnos e alumnas. Ademais para a preparación da materia, o alumnado poderán realizar outras lecturas complementarias recollidas na bibliografía, achegadas polo profesorado ou seleccionadas polo propio alumnado. |
Online discussion |
Abordarase o rol da logopedia e as novas esixencias para o desempeño profesional no novo contexto derivado do covid-19 |