Co estudo da materia de “Fisioterapia do aparato bucofonador” pretendese que o alumno de Logopedia coñeza os métodos e técnicas que emprega a Fisioterapia para a valoración e tratamento orofiacial, respiratorio e da deglución en aquelas patoloxías de tipo orgánico e/ou psicosomático que afecten ao aparato bucofonador, identificando e integrando o papel dista modalidade terapéutica dentro da abordaxe multidisciplinar destes procesos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
Sesions maxistráis
*Metodoloxías docentes que se modifican
APRENDIZAXE COLABORATIVA: Substitúese por actividades dirixidas a realizar a través de grupos ou individualmente empregando as plataformas de soporte institucional (Moodle e Teams). Esta modalidade de aprendizaxe empregase principalmente para sustituir as clases interactivas.
TRABALLO TUTELADO: Substitúese a presentación oral presencial en grupo por parte do alumnado, coa correspondente retroalimentación por parte do profesor, pola entrega por parte do alumnado dunha presentación Powert Point con audio. Posteriormente, a través de plataforma Microsoft Teams, o profesor fará a retroalimentación ao alumnado dos traballos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: semanalmente
Correo electrónico: a demanda
Moodle: semanalmente.
4. Modificacións na avaliación
Aprendizaxe colaborativa: realizarnse cuestionarios a través de Moodle para observar a adquisición dos coñecementos abordados durante as actividades dirixidas.
Proba tipo test síncrona desenvolvida a través de cuestionario utilizando a ferramenta Moodle. En el se recollerán preguntas sobre os contidos abordados no conxunto das clases expositivas e interactivas.
*Observacións de avaliación:
Manteñense as mesmas porcentaxes de avaliacion
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías