CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN
1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva final que representa o 40% da nota , e o conxunto de
prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 60% restante.
A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor
só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada
caso polo profesor. Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é
obrigatoria de modo que só poderán valorarse ás prácticas dos alumnos que
asistan ás clases o, en su caso, conten coa correspondente dispensa . Para iso é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).
2º) Como alternativa para aqueles estudantes que non poidan
realizar o seguimento da materia por
evalución continua, por ter recoñecida a dispensa de docencia, poderán optar
por examinarse nunha proba obxectiva
durante os períodos de avaliación establecidos oficialmente para a primerira
oportunidade. Tal proba incluirá unha parte teórica ( 40% da nota ) e unha
parte prácica ( caso práctico ou suposto similar - 60% da nota ). De non
susperar a materia na devantida proba o
alumno aparecerá como suspenso na convocatoria ordinaria e só poderá ser
reexaminado na segunda oportunidade (normalmente xullo) conforme ó expresado no
apartado seguinte.
A estos efectos, todos os alumnos deben explicar ao profesor
por correo electrónico se solicitaron a dispensa e se foi concedida e debe
indicar se a súa avaliación será AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL .
O ALUMNADO NON PODE EVALUARSE POR AVALIACIÓN CONTINUA E
SIMULTANEMENTE POR PROBA OBXECTIVA
FINAL (DISPENSA)
Se non se indica expresamente o sistema de avaliación nun
plazo prudencial, entenderase que o alumnado opta por avaliación continua.
3º) A convocatoria de Xullo ( segunda oportunidade) consistirá na realización dunha proba
obxectiva que incluirá unha parte teórica (representa o 40% da nota ) e unha
parte práctica ( caso práctico, ou supuesto similar que representa o 60% restante)
. Nota: os alumnos que superaran a parte práctica ou a teórica ( proba obxectiva)
durante eo cuatrimestre poderan presentarse só a recuperar a parte non
superada.