Objective test |
A13 A14 A15 B1 B5 B6 C4 C5 |
Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. |
40 |
Supervised projects |
A1 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B14 B15 B16 C3 |
Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. |
20 |
Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías a fin de obter a nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Igualmente a proba obxectiva ou exame consta de duas partes (teórica con preguntas tipo test, preguntas cortas e tema a desenvolver) e práctica. Será preciso superar co 50% da nota para poder avaliar o exame
Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimento da materia, poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.
As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT
|