Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Nutrition
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A7 B1 B4 C6 Realizarase unha revisión da documentación referida á alimentación enteral e/ou á alimentación parenteral. 4
Case study A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 Cada alumno realizará 3 estudos de casos. A metodoloxía consistirá na presentación dun caso relacionado cos artigos científicos do Tema a revisar.
Un artigo versará sobre a repercusión da materia de nutrición sobre a seguridade asistencial do paciente.
Outro artigo versará sobre as vías metabólicas e a súa aplicación práctica no ámbito da alimentación. Poderá corresponder a un caso clínico publicado ou a un estudo realizado sobre unha mostra ou sobre unha poboación.
O terceiro artigo tratará sobre a alimentación e dieta no paciente con a enfermidade sinalada polo/a docente.

Valorarase o compromiso individual de cada alumno, cara a obter os mellores resultados na aplicación práctica.
Cada alumno participará en 3 estudos de casos.
Cada estudo puntuarase cun máximo de 3 puntos. Destes 3 puntos, 1 corresponderá á nota da exposición, 2 serán de valoración do contido expresado nos documentos do alumno/a.
9
Oral presentation B15 C7 Valorarase a participación durante os seminarios e nas sesións maxistrais, e a puntuación máxima que se podrá acadar será de 1 punto.
Cada seminario será avaliado mediante preguntas test e si é o caso mediante exposición en grupo.
1
Supervised projects B13 C9 C10 Faranse dous traballos tutelados: un en grupo e outro individual.

O traballo tutelado en grupo consistirá na valoración das medidas antropométricas dos alumnos do grupo, e a elaboración de Consellos ou Plan de Acción. A avaliación farase tendo en conta que un 40% (6 puntos) corresponde á puntuación do grupo e un 60% (9 puntos) da puntuación corresponderalle a exposición individual e ao traballo persoal de cada alumno. A máxima puntuación dos traballos tutelados será de 15 puntos: 5 puntos ao traballo en grupo e 1 punto ao traballo individual.
A avaliación do traballo tutelado en grupo, farase tendo en conta os seguintes apartados: Introdución, obxectivos, método, resultados e discusión, conclusións. Farase unha descrición e sintese da información dos contidos ou temas relativos aos artigos localizados

O traballo tutelado individual consistirá na elaboración dunha proposta de actuación para a situación clínica que describa o docente para cada alumno.
Para a súa elaboración deberá ter en conta as publicación más relevantes e actuais. Deberá ser presentado nunha exposición antes de rematar as clases maxistrais. A máxima puntuación do traballo individual será de 10 puntos.

Deberán ser presentados antes de finalizar os seminarios.
15
Mixed objective/subjective test B2 As respostas falladas no exame test, restarán puntuación, de tal xeito que de cada catro fallos, restarase unha resposta acertada.
Cúmpre aprobar o examen para superar a materia de nutrición, non tengo en conta as puntuación acadadas noutras actividades se non se aprova o examen cunha puntuación de 5 sobre 10.
Para o cálculo da nota final da materia, o 65% da puntuación da materia corresponderá ao exame, e o 35% ao traballo tutelado, á presentación oral e aos estudos de casos.

Os alumnos que non presenten o traballo tutelado e os estudos de casos, terán que obter unha puntuación do 70% no exame final de xuño e no exame de segunda oportunidade (xullo) para "aprobar" a materia de Nutrición.

Os alumnos que non realicen o traballo tutelado e/ou os estudos de casos durante o curso, non poderán presentalos para a súa valoración na segunda oportunidade (xullo) nin na convocatoria de adianto de oportunidade (decembro).

En todo caso, para calquera convocatoria, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o adianto de oportunidade, os alumnos non poderán conseguir unha puntuación maior a 65 puntos na asignatura se non presentan a totalidade dos traballos e dos estudos de casos correspondentes ao ano en curso.

O exame para calquera convocatoria será de preguntas preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas, de forma que de cada catro mal, deducirase unha acertada.

Nas convocatorias extraordinarias deberá superar o exame test cunha cualificación mínima do 50% unha vez descontadas as falladas, de éxito que por cada 4 falladas anulara unha correcta.

O alumno poderá presentarse ao "adianto de oportunidade" (decembro), e o exame será de tipo test. O test resta negativo, de xeito que de cada catro preguntas falladas, restarase unha acertada. Terá que superar o exame cun 50%. Para acadar máis de 65 puntos terá que presentar o traballo tutelado e Estudos de casos do ano en curso que lle sinale o profesor.
65
Collaborative learning A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 Realizarase unha aprendizaxe colaborativa sobre a que o alumno mostrará 2 temas prácticos:
Un tema versará sobre os alimentos, presentando a súa interpretación sobre as etiquetas nutricionais dos que os docentes lles pidan.
Outro tema versará sobre a seguridade alimentaria sobre o tema que os docentes sinalen.
A cada unha das actividades poderalles corresponder unha puntuación de ata 3 puntos.
6
 
Assessment comments

Valorarase a participación e asistencia a clase ou a través de Teams, así como a sea intervención, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes