O próposito desta materia é :
Preparar os estudantes no coñecemento dos conceptos básicos de todas aquelas medidas destinadas a diminuír e evitar as infeccións que as persoas doentes poidan adquirir no medio hospitalario, así como previr as posibles infeccións que eles poidan adquirir como consecuencia do seu traballo.
Asi mesmo, que os estudantes adquira os coñecementos e habilidades necesarias para identificar situacións de risco vital e emprender as accións necesarias para a atención de urxencia ante estas situacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballo tutelado
Proba obxectiva
Estudo de casos
Sesión maxistral
*Metodoloxías docentes que se modifican
Suprimiranse: saída de campo e simulación .
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle segundo demanda do alumnado
Correo electrónico resposta individual segundo demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva 80% realizarase a través de Teams e moodle . Dependendo da parte da materia a avaliar, prevención da infección e radioloxía ou soporte vital básico, poden variar as características da proba, estas serán explicadas por cada unha das profesoras.
Traballo tutelado 20%, segundo os criterios establecidos.
*Observacións de avaliación:
Será necesario aprobar as dúas partes para a superación da materia.
Os criterios serán os mesmos para a avaliación segunda oportunidade, estudantes con matricula parcial e adianto de oportunidade
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías