O desenvolvemento da asignatura debe familiarizar os estudantes co método epidemiolóxico para utilizalo a cotio como instrumento de traballo na análise, planificación e realización das súas actividades de cuidados (promoción, prevención, diagnósticas, curativas e de investigación). Especialmente contextualizado no ámbito poblacional co estudo dos grandes problemas de salud que afectan as nosas comunidades.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen. Todas coas seguintes variacións:
A sesión maxistral: Cambiaráse por sesións en Teams na que a profesora fará as aclaracións as dubidas surxidas.
Unha semana antes os alumnos terán a súa disposición diapositivas da clase, referencia para acceso a capitulo-s de libro ou artigo que deben estudiar, posteriormente escribirán as súas dubidas.
Antes de rematar as sesións de videoconferencia poderánse realizar traballos ejercicios tutelados que serán realizados e enviados a profesora nas mesmas sesións.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Os traballos talleres grupos reducidos presenciaís con 15 alumnos, de non ser posible usar a sala net de informática, modificaránse por talleres en aulas disponibles para manter a distancia de seguridade e cada alumno levará un portátil cos programas a utilizar. De non dispor de aulas, os talleres realizaránse por video-conferencia con grupos de 20 alumnos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As tutorías realizaránse un día/ semana, os mercores as 12:00, deberán ser solicitadas por correo electrónico a lo menos con 24 horas de antelación e realizaráse de forma individual por video-conferencia.
Manteránse como canles de comunicación o correo-electrónico principalmente, Moodle e teams.
4. Modificacións na avaliación
. Sen modificacións, excepto que as probas serian en opción on-line.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
SITUACIÓNS: Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase como o resto do alumnado Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Argimón Pallàs JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 5ª ed. Madrid: Elsevier; 2019
Hernandez-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Panamericana; 2018
Celentano & Szklo. GORDIS Epidemiologia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2019.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías