Teaching GuideTerm University College of Nursing (C) |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Clinical Placement III |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Clinical Placement III | Code | 661G01027 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Third | Obligatory | 18 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Problem solving | Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada. Terá que realizar un plano de coidados individualizado no último dos rotatorios clínicos. Segundo a unidade de rotación, realizará un plano de coidados médico ou cirúrxico. |
Student portfolio | O portafolios do estudante constará de duas partes: 1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura. 2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Introductory activities | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se explicarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia. Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas. Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia. |
Seminar | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema con técnicas de participación, discusión i elaboración de conclusións. Realizaranse dous seminarios obrigatorios: - Seminario sobre Historia Clínica Electrónica de 1 hora de duración. Previo á rotación polas unidades médicas. - Seminario Cirúrxico previo á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais. |
Oral presentation | O traballo realizado coa metodoloxía de Solución de Problemas no último rotatorio clínico, será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís. A presentación oral é obrigatorio e terá unha duración de 3 horas. |
Clinical practice placement | As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados (con inclusión dos quirófanos, laboratorios e hospitáis de día) para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación. |
|