Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes e realizar o seguimento dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada.
A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.
Para realizar a atención personalizada de forma presencial ou a través de Teams, manterase o horario marcado para a titoría presencial: martes de 15 a 17 horas, ou en outro horario previo acordo entre alumnado e docente.
A atención personalizada ó alumnado realizarase según demanda a través do MOODLE ou o correo electrónico da Universidade.
|
|