Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de obxectivos e intervencións de enfermería (NIC). |
10 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 |
Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As/os estudantes resolveran situacións de saúde descritas nos casos clínicos. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo e na que se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais. O desenvolvemento da metodoloxía inclúe probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da/o estudante na actividade grupal.
|
45 |
Lecturas |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 |
Lecturas de documentos relacionados coa temática da materia, con actividades específicamente diseñadas para el análisis de los mismos. |
5 |
A aplicación das porcentaxes
na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita ás seguintes
condicións: obter unha cualificación mínima de 4,5 na proba mixta e nos traballos
tutelados e estudo de casos unha cualificación mínima de 5. 2ª oportunidade: Os
criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos que os
da primeira oportunidade (xaneiro). Os estudantes con metodoloxías non
superadas a proba mixta e estudo de casos realizaranse coincidindo coa
data oficial do exame da materia da segunda oportunidade; o traballo tutelado,
deberá desenvolverse de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª oportunidade. Adianto de oportunidade: Proba
mixta 100% (inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos,
traballos tutelados e resolución de estudo de casos) Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e realizar as probas escritas
presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de xeito individual
ou grupal, segundo acordo co/a estudante.
|