Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Idioma Moderno: Inglés |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno: Inglés | Código | 662G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Proba que se realizará ao final do cuadrimestre para avaliar a expresión escrita e a comprensión lectora do alumno ademais do seu dominio de gramática, sintaxe e campos semánticos especializados. Modalidade online: Os estudantes do modo en liña realizarán unha proba obxectiva coas mesmas características. |
Obradoiro | Clases prácticas nas que o alumnado traballará en clase co material necesario e recibirá a información precisa para o desenvolvemento das súas habilidades de comunicación, tanto a nivel escrito como oral. Modalidade online: o contido facilitarase a través da plataforma Moodle e realizaranse sesións prácticas a través de Teams, que serán gravadas para facilitar a súa posterior visualización. |
Proba oral | Diferentes actividades orais improvisadas e guiadas (actividades de rol, discusións sobre artigos, diálogos guiados ...) que se realizarán ao longo do cuadrimestre para avaliar as habilidades de comunicación oral do alumno, mellorar a fluidez e a expresión espontánea. Modalidade online: sesións orais a través de Teams. |
Lecturas | Lectura de artigos relacionados co sector turístico para discusión e debate na clase. Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación a estas actividades resolveranse mediante titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle |
Análise de fontes documentais | Exercicios con material audio ou audiovisual. Modalidade online: as dúbidas que xurdan en relación con estas actividades resolveranse a través de titorías en liña (Teams) e no foro de Moodle |
|