Traballos tutelados |
A11 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C6 |
Realización duns traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. |
50 |
Proba mixta |
A5 A12 A22 A24 B3 B4 C1 |
Realización dunha proba tipo test que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. |
30 |
Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación
continua ou non continua. No caso de que o estudante elixa a avaliación
non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota
final calcularase da forma seguinte: - Avaliación continua:
como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (30%),
contidos dos traballos tutelados (50%), exposición oral dos traballos tutelados (10%) e portafolio (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos para facer media co resto.
- Avaliación non continua:
exame final (100%), contidos do traballo tutelado (0%) e exposición oral
do traballo tutelado (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se
poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.
Ademais, para aprobar a materia, Intermediación I ou II ou Comercialización, todo o alumnado deberá pasar un período de formación práctica de dous meses nunha empresa de intermediación. Estas prácticas poderán desenrrolarse ao longo do segundo, terceiro ou carto curso de xeito indistinto.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP poderá facer o exame final (100%) e para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Ese alumnado terá a convocatoria de xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos.
|