Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica Código 710G02041
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Suárez Golán, Fernando
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
f.suarez.golan@udc.es
Web http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
Descrición xeral Esta materia céntrase na ciencia e no método científico. Explora as técnicas analíticas, descriptivas y bibliométrico-estadísticas da investigación. Establece especial fincapé na metodoloxía da investigación en Información, Biblioteconomía e Documentación, así como na aplicación de técnicas documentais á investigación.
Plan de continxencia 1- Modificacións nos contidos Mantéñense os contidos propostos, contemplando a eventual redución da súa extensión en virtude do desenvolvemento e evolución da materia e as conxunturas eventuais que se poidan producir. 2- Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: - Portafolios - Traballos tutelados (en caso de pasar a docencia non presencial, non se expoñerán) Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral (presenciais): substituida por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de noticias de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade en liña para consultas e seguimento do alumnado. - Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona en liña, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo. - Presentación oral: desaparece. 3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle ( retroalimentación formativa das actividades) Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. A comunicación en primeira instancia establecerase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams.. 4- Modificacións na avaliación: -Presentación oral: Peso na cualificación: 0%. A desaparición de parte desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do portafolios do 10%. -Portafolios: Peso na cualificación: 30%. Aumenta o seu valor inicial nun 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido a parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración, non hai cambios -Traballos tutelados: Peso na cualificación 30%. Non hai cambios. -Proba mixta (agora en liña) 40% En canto aos criterios de valoración non hai cambios. Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía: O material preciso para preparar a materia (apuntamentos, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgarase na plataforma moodle ou se dará acceso a eles a través de ligazóns da internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes