Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda | Código | 710G03004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A7 B8 B9 C5 | Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas ou interactivas. |
10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 | Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla: - Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [30%] - Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%] - Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [15%] - Creatividade na forma e contido [5%] - Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%] - Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%] |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 | Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 25%, respectivamente, na nota final da materia. O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 45% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial. |
45 |
Estudo de casos | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 | Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente. Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares. No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas... |
20 |
Foro virtual | B5 C2 C3 C4 C9 | Participación activa nos foros: (a) no foro virtual de debate valorarase a proposta de temas para debate ou a participación nos debates xa iniciados, as iniciativas propostas...; (b) no foro de aprendizaxe, valorarase a participación respostando ás dúbidas formuladas polo alumnado. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Criterios de avaliación Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e do traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados. Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades. Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Información adicional O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...). Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: traballos tutelados (20%), proba mixta (45%), estudo de casos (30%) e participación nos foros virtuais (5%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo. |
|