Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Introdución á Aprendizaxe Automática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución á Aprendizaxe Automática Código 730497240
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Bouza, Francisco Javier
Mallo Casdelo, Alma María
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
alma.mallo@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura proporciónase unha introdución ás técnicas computacionales de aprendizaxe automática máis utilizadas no ámbito da enxeñería industrial. Proporcionarase unha visión xeral do campo para entender que tipos de problemas resólvense e con que técnicas, co obxectivo de dotar ao alumno dun coñecemento xeral sobre o ámbito de aplicación das mesmas. Esta é unha asignatura fundamentalmente práctica, de modo que as clases de teoría sirvan de introdución para comprender os conceptos que se traballarán de forma directa nas clases prácticas. Estas últimas realízanse utilizando a linguaxe de programación Python xunto con librerías específicas de aprendizaxe automática.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados - Proba obxectiva Metodoloxías docentes que se modifican - Presentación oral: realízase a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente - Prácticas a través de TIC: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, utilizando un software de programación adecuado que lles proporcionará aos estudantes - Sesión maxistral: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, deixando ademais aos alumnos o seu contido en formato vídeo para a súa posterior visualización 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado, que disponde Foros nos que pode expor dúbidas de forma xeral ao resto do grupo. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das prácticas a través de TIC na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Ademais, utilizarase esta ferramenta para a resolución de dúbidas personalizadas co alumnado, preferentemente en horas de titorías. Este contacto poderá ser mediante chat ou chamada, o que resulte máis adecuado para resolver a consulta. 4. Modificacines na avaliación - Non se realizarán cambios nin na primeira nin na segunda oportunidade. Observacións de avaliación: - Mantéñense as porcentaxes de todas as metodoloxías na avaliación, incluíndo a proba obxectiva, que se realiza igualmente online nos minutos finais de cada clase de teoría online. Neste caso, a ligazón ao cuestionario proporciónase na reunión de Teams na que leva a cabo a clase maxistral. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes