Traballos tutelados |
B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 |
Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo. Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai. A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria. O traballo poderá computar ata nun 60% da nota de avaliación da materia. Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, salvo repetidores do ano anterior que se lles gardará a nota. |
50 |
O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a
súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). O alumnado nesta situación será avaliado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante unha proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía. Fara un traballo e a súa presentación a acordar cos profesores da materia, devandito traballo poderá ser individual ou grupal segundo o que se acorde co alumno segundo as súas necesidades. Así mesmo, establecerase unha pauta de tutorías consensudas co alumno para axudarlle a superar a materia. Na segunda oportunidade só terá que realizar a proba obxectiva. Os alumnos que non seguiran a avaliación continua poderán ir a segunda oportunidade onde a avaliacíon global será o 60% da nota obtida na proba mixta.
|