O alumno pode optar pola opción dunha proba mixta partida (exame
final 1ª parte) programada na clase e (exame final 2ª parte) programada
en xuntan de escola, no caso de decantarse polo partición e presentarse a
(exame final 1ª parte) o alumno esta a renunciar a realización dunha única proba
mixta con toda a materia impartida durante o curso.
As
probas mixtas partidas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o
superior o 50% da cualificación máxima do exame. As probas mixtas partidas son
compensatorias o acadar unha cualificación maior o igual o 35 % da
cualificación máxima do exame. As partes liberadas terán validez unicamente
para as convocatorias dese ano académico.
Se
o alumno optase pola realización dun único exame, a estrutura da proba
obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o seu peso do
60%.
No
caso de organizarse e obrigatorio a asistencia as visitas e as prácticas. a
cualificación das saídas de campo e prácticas de laboratorio integraríanse como
parte do peso da cualificación dos traballos tutelados.
Queda
a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun 20% a
realización de actividades extra curriculares, propostas na area de enxeñaría
eléctrica de temática vinculante ou afin a materia, ditas actividades
consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización
de prácticas de empresa, etc.