A materia de Podoloxía Preventiva ten unha clara importancia de cara a que o alumnado, no marco do proceso de ensino-aprendizaxe da súa formación, desenvolva algunhas das habilidades e destrezas necesarias para mellorar a saúde das persoas en xeral e no tocante ao pé en particular.
Xa que logo, o seu valor é moi significativo para os futuros podólogos, ao posibilitarlles comprender e actuar sobre o proceso de saúde-enfermidade en xeral e no ámbito particular do pé. Está enfocada á adopción das medidas preventivas axeitadas en cada situación, así como a realizar unha educación sanitaria preventiva nos pacientes, os sanitarios e as persoas.
Por iso, dentro dos denominados procesos de promoción e prevención da saúde, faise fincapé na visión holística da saúde do pé, habida conta do seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina no mantemento e mellora da calidade de vida.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
– Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Foro Virtual.
– Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
– Seminarios a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cos seminarios consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle.
– Prácticas de Laboratorio a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cas prácticas de laboratorio consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle.
– Proba Obxectiva a través do Moodle (computa na avaliación).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das metodoloxías de aprendizaxe previstas na materia.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a tráves do Foro Virtual.
– Teams: sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación.
– Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación.
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
- A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
– Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías