Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeos, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario. Facilitarase ao alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia antes de cada sesión, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na plataforma Moodle da UDC. Para que as sesións presenciais teñan un carácter máis interactivo, é imprescindible a lectura dos contidos teóricos.
Por aplicación do plan de prevención para a COVID-19 da Facultade de Enfermería e Podoloxía, para o curso 2020/2021 as sesións maxistrais desenvolveranse íntegramente de forma virtual por videoconferencia, agás de que, se a situación da pandemia e as medidas de prevención o permiten, algunha das sesións poidan ter lugar na facultade de manera presencial. |
Clinical practice placement |
Estas prácticas teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista con pacientes, e incidirase na aplicación de técnicas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, probas de diagnóstico e aplicación de tratamentos adaptados ao paciente deportista |
Seminar |
Os seminarios consistirán no estudo de temas concretos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, entre elas), mediante a planificación de diferentes actividades de traballo fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates e mesas redondas ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podolóxico dos e das deportistas.
Por aplicación do plan de prevención para a COVID-19 da Facultade de Enfermería e Podoloxía, para o curso 2020/2021 unha parte dos seminarios desenvolveranse de forma virtual por videoconferencia (12 horas), e a outra parte (as 5 horas restantes) desenvolveranse nunha única sesión presencial por grupo na clínica podolóxica. |
Mixed objective/subjective test |
Proba mixta que consistirá nunha combinación de preguntas de resposta obxectiva (test) e preguntas de resposta aberta sobre cuestións específicas da materia, entre as cales se poderá incluír resolución de casos clínicos. Esta proba está orientada á demostración por parte do alumnado da adquisición dos coñecementos teóricos básicos expostos e debatidos nas sesións maxistrais e os seminarios, e que compoñen os contidos do temario. |