Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Practicum 3 |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Practicum 3 | Code | 750G02035 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Obligatory | 12 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Clinical practice placement | As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade. A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con xustificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na a través da plataforma Moodle). O xustificante orixinal debe ser gardado polo alumno e ser solicitado polo coordinador/a da materia ante calquera dúbida. Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas. Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente. Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñerá o suspenso da materia. Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia. A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración (a través da plataforma Moodle) e comunicar a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación enviando un correo electrónico ao coordinador/a da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son: - Congreso Nacional de Podoloxía - Xornadas Galegas de Podoloxía - Congresos Internacionais de Podoloxía - Congreso de Estudantes de Podoloxía Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas non existe a posibilidade de cambiar prácticas. Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada e saída na CUP. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso. As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia. Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones. Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), o Plan de continxencia COVID-19, a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese. O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, o Plan de continxencia COVID-19, a normativa da UDC, normativa sanitaria e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal suporá o suspenso da materia. |
Student portfolio | Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica, a elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc. para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas. Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF una tarefa individual. Ó comenzo de curso se llevó facilitará ó alumnado toda a información relativa a dita tarefa, así como os criterios de avaliación e as indicacións e data de entrega. |
Objective test | Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums. Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade. |
|