Seminario |
A104 A106 A108 B23 B36 B37 B39 C9 C11 C14 C16 C17 |
As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa 80% (con control de asistencia) e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. A cualificación de cada actividade do seminario especificarase coa actividade proposta.
O feito de ser obrigatorio nun 80% a asistencia aos seminarios, non garante ningunha puntuación se a actividade realizada non se realiza conforme á proposta.
ALUMNADO CON MÁTRICULA PARCIAL: Os estudantes matriculados oficialmente na modalidade parcial están exentos de asistir aos seminarios. No seu lugar deberán de presentar as actividades que se programen para os seminarios no tempo e forma que se dará a coñecer unha vez constatada a existencia de alumnado matriculado nesta modalidade. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A103 A104 A109 B30 B39 C17 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia.
Realizarase un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia desenvolvidos nas prácticas. Para obter o apto nas prácticas de laboratorio, débese de contestar / realizar correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, ademais de asistir á totalidade das prácticas. |
20 |
<p>Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (50% das respostas correctas do exame) da proba mixta, así como asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e obter a cualificación de apto no exame práctico final (50% do peso da cualificación das prácticas), así como asistir e superar o 80% das actividades obrigatorias programadas nos seminarios (a excepción do alumnado con matrícula parcial).
Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles estudantes que cursasen a materia e realicen e superen as prácticas de laboratirio obrigatorias, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame téorico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, actividades de seminario e recensión do curso académico no que curse a materia e supere ditas probas.
A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ as. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.5, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita.
Outorgarase a cualificación de non presentado a aqueles estudantes que non acudan á proba mixta.</p>
|