Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Traballo |
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol) |
Asignaturas |
Informática Básica |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Informática Básica | Código | 760G01005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A13 A31 B3 B9 C1 C3 | Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 | Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC. Cada unha valorarase sobre 10 puntos e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso. |
80 |
Aprendizaxe servizo | A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 | Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. | 10 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos durante as sesións e no foro virtual. Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Cualificación de non presentado. Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. Avaliación da segunda oportunidade. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:
O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado. Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada") As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:
O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado. |
|