1. Cúrsase no primeiro curso do grao, como materia obrigatoria.
2. Trátase dunha materia a través da que se pretende capacitar ao estudantado no emprego dos conceptos, das perspectivas e dos modelos de produción en que poden operan as relacións laborais.
3. Os contidos da materia, estreitamente relacionados coas demais materias que conforman o plano de estudos, responden á necesidade de incorporar á formación do estudantado as habilidades e ferramentas esenciais para coñecer as dinámicas que teñen lugar nas relacións laborais, tanto individuais como colectivas.
4. Concretamente, perséguese que o estudantado poida realizar unha análise da realidade xurídico-laboral, tendo en conta a súa capacidade para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais, para percibir as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais, para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais, para analizar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais, e por último, para apreciar as diferencias existentes entre os diferentes modelos de benestar
5. Todo isto explica que se establezan como obxectivos: 1) capacitar para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais; 2) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais; 3) capacitar para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais; 4) capacitar para valorar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais; e 5) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de estados de benestar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Reforzarase a utilización de Moodle e de Teams, especialmente para a realización síncrona da docencia expositiva, nos horarios asignados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Reforzamiento da "solución de problemas", en relación coa docencia interactiva.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Planificación do traballo semanal, con notificación a través de Moodle e Teams.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
As porcentaxes na avaliación mudan para ser dun 30% na proba obxectiva e dun 70% no portafolio, de tal xeito que adquire maior importancia o traballo propio da avaliación continua.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías