BIM (Building Information Modeling) é unha metodoloxía de traballo colaborativa para a xestión de proxectos a través dunha maqueta dixital. Esta conforma unha gran base de datos que permite xestionar os elementos que forman parte da edificación durante todo o ciclo de vida da mesma. Sobre a información contida na maqueta dixital pódense realizar simulacións para a comprobación do funcionamento das instalacións, para coñecer o seu comportamento enerxético, para coordinar os traballos de construción, etc.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados.
Elaboraranse os enunciados das prácticas detallando paso a paso o desenvolvemento de cada exercicio con explicacións guiadas para favorecer o traballo autónomo do estudante. (Moodle)
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral presencial substituirase por sesións puntuais virtuais a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse a través de Teams, Moodle e correo electrónico segundo a necesidade dos estudantes.
Realizaranse titorías grupais e individuais para favorecer a interacción co alumnado (resolución de dúbidas que requiran presencialidade síncrona) e para proporcionar retroalimentación (comentar erros e dificultades na realización dos traballos entregados).
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación da materia
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías