Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Enxeñaría Naval e Industrial Matemáticas
Coordinación
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Bouza, Francisco Javier
Deibe Díaz, Álvaro
Orjales Saavedra, Félix
Prieto Garcia, Abraham
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
alvaro.deibe@udc.es
felix.orjales@udc.es
abraham.prieto@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos unha visión actualizada dos principais campos de aplicación dos robots autónomos a nivel técnico, lexislativo e ético. Con esta base teórica, os alumnos adquirirán unha visión actualizada dos diferentes aspectos a considerar cando se afronta a implantación de robots en diferentes ámbitos da industria e a sociedade. A nivel práctico, estudaranse con detemento dous campos de maneira particular: a robótica mariña e a robótica aérea.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados
- Proba obxectiva
Metodoloxías docentes que se modifican
- Presentación oral: realízase a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente
- Taller: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, utilizando as ferramentas software adecuadas que lles proporcionará aos estudantes
- Sesión maxistral: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, deixando ademais aos alumnos o seu contido en formato vídeo para a súa posterior visualización
- Saídas de campo: esta metodoloxía elimínase
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado, que disponde Foros nos que pode expor dúbidas de forma xeral ao resto do grupo.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos talleres na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Ademais, utilizarase esta ferramenta para a resolución de dúbidas personalizadas co alumnado, preferentemente en horas de titorías. Este contacto poderá ser mediante chat ou chamada, o que resulte máis adecuado para resolver a consulta.
4. Modificacines na avaliación
- A única modificación será que o valor das saídas de campo (10%), pasarase aos traballos tutelados, que pasarán a valer un 60%. Estes cambios afectan á primeira e á segunda oportunidade.
Observacións de avaliación:
- Matense o peso da proba obxectiva, que se realiza igualmente de xeito online nos minutos finais de cada clase de teoría mediante TEAMS. Neste caso, a ligazón ao cuestionario proporciónase na reunión de Teams na que leva a cabo a clase maxistral.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías