Guía DocenteCurso Escola Universitaria Politécnica |
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica |
![]() |
![]() |
| ![]() ![]() ![]() |
||||||||||||||||||||||
Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||||||||||||||||
Asignatura (*) | Aplicacións de Robótica Autónoma | Código | 770538015 | ||||||||||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | |||||||||||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||||||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||||||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||||||||||
Departamento | Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Enxeñaría Naval e Industrial Matemáticas |
||||||||||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||
Web | |||||||||||||||||||||||
Descrición xeral | O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos unha visión actualizada dos principais campos de aplicación dos robots autónomos a nivel técnico, lexislativo e ético. Con esta base teórica, os alumnos adquirirán unha visión actualizada dos diferentes aspectos a considerar cando se afronta a implantación de robots en diferentes ámbitos da industria e a sociedade. A nivel práctico, estudaranse con detemento dous campos de maneira particular: a robótica mariña e a robótica aérea. | ||||||||||||||||||||||
Plan de continxencia | 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados - Proba obxectiva Metodoloxías docentes que se modifican - Presentación oral: realízase a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente - Taller: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, utilizando as ferramentas software adecuadas que lles proporcionará aos estudantes - Sesión maxistral: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, deixando ademais aos alumnos o seu contido en formato vídeo para a súa posterior visualización - Saídas de campo: esta metodoloxía elimínase 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado, que disponde Foros nos que pode expor dúbidas de forma xeral ao resto do grupo. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos talleres na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Ademais, utilizarase esta ferramenta para a resolución de dúbidas personalizadas co alumnado, preferentemente en horas de titorías. Este contacto poderá ser mediante chat ou chamada, o que resulte máis adecuado para resolver a consulta. 4. Modificacines na avaliación - A única modificación será que o valor das saídas de campo (10%), pasarase aos traballos tutelados, que pasarán a valer un 60%. Estes cambios afectan á primeira e á segunda oportunidade. Observacións de avaliación: - Matense o peso da proba obxectiva, que se realiza igualmente de xeito online nos minutos finais de cada clase de teoría mediante TEAMS. Neste caso, a ligazón ao cuestionario proporciónase na reunión de Teams na que leva a cabo a clase maxistral. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios | ||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |
|