Problem solving |
A7 B1 B4 B6 C2 C5 |
Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos alumnos e avaliados polo profesor |
30 |
A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con
todo, os alumnos que xa estiveran matriculados anteriormente na asignatura e que superasen as prácticas nos dous cursos
anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente e ser avaliadas,
ou non realizalas e conservar a puntuación obtida. A cualificación de "non presentado" figuraralles a
aqueles alumnos que non se presentasen á proba obxectiva e ademais non
alcanzasen a puntuación mínima de 5 puntos no resto de metodoloxías avaliadas. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade son os
seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo
igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á
proba obxectiva. Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa
académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis
idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno. Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara.
|