Proba mixta |
A9 A34 B5 B6 C2 |
Exame con parte de test e preguntas de desenvolvemento |
25 |
Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia. A nota de BIM resultará da cualificación das prácticas correspondentes ao tres primeiros temas do contido da materia, mentres que a avaliación de Edificios Intelixentes incluirá un traballo, prácticas e unha proba mixta.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán avaliados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas. EDIFICIOS INTELIXENTES: Para a segunda oportunidade non haberá un segundo prazo de entrega de traballos, e a avaliación farase de maneira similar á da primeira oportunidade.
|