Proba obxectiva |
B1 B2 B5 B6 B7 B9 B10 |
Ademais das distintas actividades programadas os alumnos deberán realizar un exame final sobre os contidos da materia na data prevista, que constará dunha serie de cuestións teórico – prácticas, ademais de varios problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas horas e media. |
40 |
Solución de problemas |
A1 A4 A5 A6 A7 A8 B5 B11 C3 C8 C9 |
Os alumnos achegarán unha serie de entregas durante o curso, definidas na plataforma Moodle da materia, que permitirán a avaliación continua do curso. |
35 |
Notas - Valores en %. A asistencia e participación en clase valóranse de forma conxunta co traballo de curso nun só bloque, que representa o 25% da nota final. Para superar a materia, o alumno deberá alcanzar unha puntuación total superior a cinco puntos (50%), como suma de tódolos conceptos, sen que se teña establecida unha puntuación mínima necesaria en ningún dos conceptos.
Aqueles alumnos que conten con dispensa académica que os exima da asistencia a clase, deberán comunicalo ao profesor a principio de curso e para superar a materia, ademais de presentar o traballo tutelado nos días especificados, deberán realizar unha proba obxectiva específica na data establecida polo Centro, proba que terá unha ponderación do 75% e o traballo o 25% restante. Na segunda oportunidade, a cualificación correspondente á solución de problemas pasa ao exame final, incrementando a súa ponderación ata o 75 %, posibilitando aprobar a materia unicamente co exame final. A entrega dos traballos documentais que se realizarán nesta materia solicitarase en soporte informático.
|