Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.perez@udc.es
Profesorado
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.perez@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia de Teoría de Máquinas na Escola de Deseño Industrial da Universidade da Coruña está concebida como unha asignatura obligatoria de terceiro curso que ha de proporcionar ó alumno o coñecemento dos principios básicos que rixen o funcionamento das máquinas e mecanismos, fundamental para calquer Enxeñeiro, por cuanto lle permite adquirir unha visión completa da problemática específica do deseño de calquer producto ou proceso.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Manteríanse tódolos contidos, aínda que puntualmente se podería limita-la extensión e profundidade dalgún tema para adecualo ós tempos de clase non presencial establecidos pola Universidade no correspondente Plan de Continxencia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As clases, entrega e presentación do traballo final e o examen final manteríanse no calendario previsto, aínda se levarían a cabo de forma telemática.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A docencia sería impartida de forma telemática a través da ferramenta Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaríanse dentro do horario previsto a través do correo electrónico ou a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación
A defensa do traballo final sería de forma telemática a través de Teams.
As entregas das distintas tarefas e o examen final sería no Moodle da asignatura. Aínda que o examen final mantería un formato similar a anos anteriores, por razóns operativas podería ser dividido en varias partes con un tempo limitado de entrega.
De igual modo, si o aconsellase o contexto, poderíase reduci-la ponderación do examen ó 40% da nota total, pasando o 35% restante a unha entrega intermedia de exercicios, tamén por Moodle e con tempo limitado de entrega.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía
Na GADU indícase unha ampla colección de fontes bibliográficas de todo tipo, varias delas de libre acceso online.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías