As ferramentas informáticas de análise e simulación (Computer Aided Analysis, CAE) son cada vez máis importantes no ciclo de deseño de produtos industriais posto que reducen a necesidade de prototipos e facilitan a detección de erros nas fases iniciais do proxecto, logrando así unha redución significativa de custos e tempo de chegada ao mercado. Por iso é importante que os graduados nesta titulación estean familiarizados co uso destas ferramentas, coñezan o seu funcionamento e sexan capaces de aplicalas nas distintas fases do proceso de deseño. Usaremos o software SolidWorks Simulation. Non é necesario ter coñecementos previos deste programa, e proporcionaranse licenzas para instalar nos computadores dos estudantes.
Plan de continxencia
En función da evolución da pandemia de Covid-19, de calquera outra situación que leve a similares consecuencias, dos problemas que cause á hora de conciliar o laboral co familiar, e das restricións impostas pola autoridade competente, os profesores da materia decidirán en cada momento a modalidade de docencia e avaliación, presencial ou non presencial, podendo pasar dunha a outra en función das circunstancias.
1. Modificacións nos contidos: ningunha.
2. Metodoloxías
2.1. Metodoloxías docentes que se manteñen: todas, pasando a modalidade non presencial.
2.2. Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: os mesmos, agás tutorías presenciais.
4. Modificacións na avaliación: ningunha.
* Observacións de avaliación: ningunha.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías