Fundamental na formación do enxeñeiro en deseño industrial, é o dominio da linguaxe gráfica como medio universal de comunicación e representación de ideas sobre deseños e productos. O debuxo técnico é un medio eficaz para a comunicación de conceptos de enxeñaría, como están relacionados os desenvolvementos do pasado coas técnicas modernas, mostrando por qué na actualidade os enxeñeiros teñen maior necesidade de dominar a comunicación gráfica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral
Prácticas de Laboratorio
Seminarios
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das prácticas.
Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das prácticas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola.
De 1 a 2 sesións semanais para o seguimento e apoio na realización das prácticas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase, mínima do 80%.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Participación nas actividades de clase mínima do 80%.
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das prácticas obxecto de avaliación e de a proba obxectiva.
3. Entregar as prácticas na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. A información e documentación necesaria para o seguimento da asignatura será suministrada polo profesor.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías