Os estudantes aprenderán a usar dous tipos de programas de modelado CAD 3D: un software de modelado paramétrico moi estendido na industria ( SolidWorks) e un software de modelado de superficies con T- Splines adecuado para realizar modelos conceptuais con rapidez (modo Sculpt de Fusion 360 / Alias SpeedForm). Non é necesario ter coñecementos previos destes programas, e proporcionaranse licenzas para instalar nos computadores dos estudantes.
Plan de continxencia
En función da evolución da pandemia de Covid-19, de calquera outra situación que leve a similares consecuencias, dos problemas que cause á hora de conciliar o laboral co familiar, e das restricións impostas pola autoridade competente, os profesores da materia decidirán en cada momento a modalidade de docencia e avaliación, presencial ou non presencial, podendo pasar dunha a outra en función das circunstancias.
1. Modificacións nos contidos: ningunha.
2. Metodoloxías
2.1. Metodoloxías docentes que se manteñen: todas, pasando a modalidade non presencial.
2.2. Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: os mesmos, agás tutorías presenciais.
4. Modificacións na avaliación: ningunha.
* Observacións de avaliación: ningunha.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías