Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Expresión Gráfica Arquitectónica Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Esta asignatura ten un dobre obxectivo:
1) Dotar ó alumnado da capacidade suficiente para debuxar á man alzada (bocetar), entendendo esta capacidade como básica e necesaria para o seu desenvolvemento no entorno profesional do deseño industrial.
2) Acadar que o alumnado adquira os coñecementos fundamentais que lle permitan afrontar a análise das formas (no obxeto industrial) por medio do debuxo a man alzada.
Paralelamente a estes obxetivos o alumnado irá tomando coñecemento do deseño industrial a través de exemplos seleccionados nos que se apoia tanto a docencia teórica como as prácticas a realizar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesion maxistral
- Obradoiro
- Traballos tutelados
-Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican:
No caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas adaptaranse a unha docencia on-line empregandose as plataformas institucionais (Teams e Moodle).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos da materia.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado de dispor dos materiais facilitados, para a entrega de traballos ou para o emprego de foros temáticos.
– Teams: Temporalidade: Esta dinámica axustarase ao desenvolvemento temporal da materia que tiña en modo presencial, coas sesións semanais necesarias para poder desenvolver todas as clases expositivas e interactivas, así como para realización de tutorías.
4. Modificacións na avaliación
Obradoiro: 30% --> Prácticas presenciais e non presenciais. Todas elas entregadas por Moodle ou Onedrive.
Traballos tutelados 30% --> Traballos desenvolvidos ao longo do cuatrimestre e entregados por Moodle ou Onedrive.
Proba obxectiva 40% --> Exercicios finais de avaliación individual relacionados cos exercicios realizados durante as clases do curso. Realizados por Teams e entregados por Moodle.
*Observacións de avaliación:
Non se realizan modificacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En caso necesario, para os traballos que se han de realizar, facilítaselles a bibliografía necesaria en formatos PDF a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías