Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Neurobioloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Neurobioloxía Código 610441008s
Titulación
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Empresa
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Díaz Prado, María Luz
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Folgueira Otero, Mónica
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
m.folgueira@udc.es
Web http:// campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Coñecemento dos mecanismos biolóxicos básicos polos cales o sistema nervioso regula o comportamento, a interacción entre os sistemas sensitivos e motores e a integración dos diferentes circuítos nerviosos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non están previstas modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías docentes descritas nesta guía docente, pero adaptaranse á modalidade online. *Metodoloxías docentes que se modifican A metodoloxía adaptarase á modalidade telemática, realizándose a través de Microsoft Teams. Ademais, todo o material que se utilizará, poñerase ao dispor dos alumnos na plataforma "Campus Virtual". As prácticas de laboratorio adecuaranse ás circunstancias existentes e, de ser necesario, substituiranse por actividades non presenciais (visionado de vídeos metodolóxicos, estudo de imaxes de microscopía, casos prácticos, análises e interpretación de datos …). As probas ou exames realizaranse a través da plataforma "Campus Virtual". As dúbidas que se lles expoñan aos alumnos serán tratadas telemáticamente. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada limitarase a medios telemáticos. "Campus Virtual": sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado). Microsoft Teams: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado). Correo electrónico: sempre que se requira (a demanda do alumnado). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou outras aclaracións relativas á materia. 4. Modificacións na avaliación Mantense o sistema de avaliación recollido na guía docente, aínda que as probas realizaranse telemáticamente a través de Campus Virtual. *Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios de avaliación e as observacións recollidas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se prevén modificacións. De ser preciso, proporcionaranse medios complementarios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes