Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Calidade do Solo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Calidade do Solo Código 610500009
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Taboada Castro, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.taboada@udc.es
Profesorado
Taboada Castro, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os indicadores de calidade do solo co fin de identificar solos contaminados e degradados e os procesos de recuperación
Plan de continxencia 1. Modificacións dos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *• Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. A docencia expositiva realizarase a través da plataforma Moodle e / ou Teams. - Casos de estudo (computa na avaliación). Utilizarase a plataforma Moodle e / ou Teams. - Proba obxectiva. Utilizarase Moodle e / ou Teams. - Atención personalizada * Metodoloxías docentes que se modifican - As prácticas de laboratorio e as prácticas de campo substituiranse por "traballos tutelados". Desenvolveranse facendo uso das plataformas Moodle e / ou Teams. - Exposición oral. Esta actividade queda cancelada e, polo tanto, modifícase o peso das outras actividades, tal como se especifica na sección de avaliación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Moodle, Teams A atención personalizada desenvolverase de acordo coas necesidades do alumnado, si ben, se programará unha sesión en gran grupo para o avance de contidos teóricos, estudo de casos e traballos tutelados, que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. Esta sesión desenvolverase na franxa horaria asignada a materia segundo o calendario de aulas da Facultade. As titorías individuais ou en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización do "traballo tutelado" e outras actividades, serán solicitadas polo estudantado mediante correo electrónico. Isto é válido tanto para o estudantado a tempo completo como para o estudantado a tempo parcial con recoñecemento académico e exención de asistencia. 4. Modificacións na avaliación - Entrega do traballo tutelado (50%). Entregarase un traballo escrito. Valorarase a profundidade dos contidos, a orde na presentación de contidos, o uso de terminoloxía específica do tema e as fontes documentais empregadas. Co traballo escrito entregarase unha presentación audiovisual (vídeo, powerpoint con audio) na que se avaliará a calidade do contido seleccionado, a claridade da presentación e a adecuación da duración da presentación o tempo indicado. - Casos de estudo (10%). Valorarase a participación, discusión e resolución de casos prácticos e exercicios propostos polo profesor. - Proba obxectiva (40%). Consistirá nun exame escrito (test e preguntas cortas de toda a materia) que se desenvolvera empregando ferramentas Moodle e / ou Teams, na data e hora establecidas oficialmente. *Observacións de evaluación: Para superar a materia e necesario obter un 5 sobre 10 como cualificación global. Situacións: 1) Alumnado con dedicación completa Primeira oportunidade: a nota final será a suma de puntuacións acadadas en cada unha das actividades (traballo tutelado, casos de estudo, proba obxectiva). Se considerará non presentado o estudantado que realice todas as actividades excepto a proba obxectiva. Segunda oportunidade: a nota final será obtida a partir dunha proba obxectiva que englobará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima desta proba será de 10. 2) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Avaliarase, tanto na primeira como na segunda oportunidade, mediante as seguintes actividades: entrega dun resumen de cada tema da docencia expositiva acompañado dun cuestionario (resolto) proposto polo profesor (50%) e entrega dun traballo tutelado acompañado dunha presentación audiovisual (50%). A concesión de matrícula de honra outorgarase aos alumnos que acaden tal cualificación na primeira oportunidade. A realización fraudulenta da proba obxectiva ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacions. (II) ADAPTACIÓN PREVISTA NO CENTRO PARA OS CASOS NOS QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA ASIGNADA PARA A MATERIA. A adaptación consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula coa persoa que imparte a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes