Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5 puntos (máximo 10 puntos) entre as diferentes actividades avaliables.
Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase específicamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á calificación final.
Os alumnos que non asistan e non participen nas prácticas de laboratorio e sesións presenciais obtendrán unha calificación de cero puntos neste apartado nas dúas oportunidades, excepto se o alumno ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de excención de asistencia ou ben de modalidades de aprendizaxe ou de apoio á diversidade. O alumnado será avaliaado mediante as calificacións obtidas na proba mixta (20%), traballos tutelados (30%), proba de resposta múltiple (20%) e na proba obxetiva que realizará durante as tutorías programadas (30%).
No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas duas oportunidades.
O alumno terá unha cualificación de non presentado cando realice menos dun 25% das actividades académicas programadas.
O alumnado evaluado na 2ª oportunidade só poderán optar pola Matrícula de Honor se o número máximo destos para o curso correspondente non se cubriron completamente na 1ª oportunidade.
A realización fraudulenta de algún exercicio ou proba exigida ao alumno para a evaluación da materia estará suxeito a responsabilidades disciplinarias, conforme se recolle nas Normas de Evaluación, Revisión e Reclamación das Cualificacións de Grao e Mestrado Universitario (Artigo 14) e no Estatuto do Estudiantado da UDC (artículo 35,punto 3).