Guest lecture / keynote speech |
Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaranse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo intermedio, requerirase nelas a participación activa do alumnado. |
Workshop |
Os obradoiros son sesións de traballo en grupo intermedio que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e dos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, que será avaliado mediante unha proba de resposta múltiple previa á sesión presencial de Obradoiro correspondente a cada experimento. Nestas sesións de Obradoiro, discutiranse diferentes aspectos relacionados con cada práctica, e se fará principal fincapé naquelas carencias detectadas trala revisión conxunta dos resultados das probas de resposta múltiple. Deste xeito, o profesorado determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que podan acceder ao laboratorio e proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo intermedio para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso que será realizado baixo a supervisión do profesorado.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos tratados en sesións anteriores.
|