A Química no Grao en Bioloxía, é unha materia de formación básica con contidos centrados nalgúns dos conceptos fundamentais da Química Xeral. Estes coñecementos e competencias establecerán os cimentos imprescindibles para que o alumnado poida abordar o estudo das distintas ramas da Bioloxía nas que intervén o fenómeno químico, e nomeadamente da Bioquímica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se levarán a cabo modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral, seminarios e traballos tutelados: (1) No caso de non presencialidade sobrevenida, terán lugar de forma presencial a través de TEAMS no mesmo horario previsto no calendario. (2) No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS.
- Prácticas de laboratorio. (1) No caso de non presencialidade sobrevenida, se levarán a cabo no "modo en liña", é decir, empregando as ferramentas TIC disponibles para a institución. (2) No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados, os grupos desdobraranse para adaptarse a capacidade do laboratorio.
- Proba Obxectiva. Terá lugar de forma presencial a través de TEAMS e Moodle no mesmo horario previsto no calendario.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
– Teams: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
4. Modificacións na avaliación
- En caso de non poder levar a cabo a proba obxectiva final de forma presencial na aula, esta levarase a cabo a través das plataformas Moodle e Teams.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non levarán a cabo modificacións. Os estudantes xa dispoñen de toda a información necesaria a través de Moodle e da biblioteca da facultade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías