Esta materia pretende que os alumnos adquiran os coñecementos sobre o medio físico que lles serán necesarios para o desenvolvemento da súa carreira profesional como biólogos. O medio físico (os procesos xeolóxicos internos e externos e os riscos asociados) constitúe a base física dos ecosistemas, das comunidades biolóxicas.
Plan de continxencia
ESCEARIO A: GROMO EPIDÉMICO
1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pero a saída de campo e as prácticas de laboratorio axustaranse ás limitacións impostas polo ensino online.
Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral
Seminario
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
As metodoloxías adaptaranse a un estilo presencial modelo non presencial. Isto significa que as sesións maxistrais, seminarios e de ser necesario as prácticas de laboratorio adaptaranse a unha impartición en liña.
Metodoloxías docentes que se modifican:
A saída de campo substituirase por unha actividade relacionada coa zona de estudo, utilizando vídeos e imaxes, e a elaboración dun informe descritivo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Proporcionarase atención personalizada online, preferentemente a través de Microsoft Teams. Tamén se utilizarán Moodle e correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Optarase pola realización de exames parciais online, salvo que non se poida garantir a vixiancia da copia nas probas. Neste caso, cancelarase a avaliación continua da parte teórica e a cualificación dependerá do resultado dos exames finais de xaneiro e/ou xullo.
*Observacións de avaliación:
Para os estudantes a tempo parcial segundo a “Norma que regula o réxime de dedicación dos estudantes de grao na UDC (arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012)”, é obrigatoria a asistencia a un 80% das actividades do curso. O estudantado nista situación debe solicitar unha cita aos profesores con antelación para explicar o seu caso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
ESCEARIO B: EXCESO DE AFORO
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías