Aprendizaxe de técnicas básicas e avanzadas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo do control de calidade microbiolóxica e a investigación.
Plan de continxencia
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio No caso de non presencialidade sobrevida:
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as metodoloxías descritas
*Metodoloxías docentes que se modifican
De ser preciso, as metodoloxías docentes que conlevan presencialidade adecuaranse as circunstancias sanitarias:
Lección maxistral, seminarios e estudo de casos: impartición telemática mediante Teams
Prácticas de laboratorio: no caso de non poder realizarse as prácticas presencialmente sustituiránse por alternativas telemáticas relacionadas co temario correspondiente
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Microsoft Teams o Forms: Impartición da docencia telemática, realización de probas e notificaciones do profesorado. Atención personalizada e grupal (vídeo, audio ou chat) cando os alumnos plantexen cuestións; tamén baixo demanda do profesorado.
Moodle: Repositorio de documentos e axuda na docencia, para a realización de probas ou entrega de tareas e tamén para notificacións e comunicación cos alumnos.
Correo electrónico: Atención personalizada e grupal a cuestións requeridas polos alumnos, así como notificacións do profesor
4. Modificacións na avaliación
Se as prácticas de laboratorio se suspenden presencialmente, serán reemplazadas pola preparación dun informe técnico basado en datos experimentales proporcionados ao estudiante
*Observacións de avaliación:
De ser preciso, se levará a cabo por medios telemáticos mediante ferramentas do campus virtual (Teams e Moodle)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
De ser preciso, se proporcionarán recursos complementarios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías