Plan de continxencia |
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS.
No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
No caso de non presencialidade sobrevida:
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais, seminarios, presentación oral e proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías, agás as prácticas de laboratorio, pasarán a ser non presenciais, e levaranse a cabo telemáticamente
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Empregarase o correo electrónico e a plataforma Moodle de forma asíncrona e sin temporalidade específica, agás os exames.
A plataforma Teams empregarase para impartir as clases maxistrais seguindo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade
4. Modificacións na avaliación
No caso de suspenderse as prácticas de laboratorio, sustituirase pola elaboración dun informe técnico en base a datos experimentais que se proporcionarán aos estudantes
*Observacións de avaliación:
Durante o desenvolvemento da materia lévanse a cabo varios exames curtos. De non superar deste xeito a parte teórica, farese un exame global na data prevista para o exame de xullo.
Si se suspende a presencialidade, os exames faranse por Moodle e as presentacións por Teams
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha |