Esta asignatura complementa os contidos adquiridos na Fisioloxía Vexetal I e II, dende un punto de vista aplicado. Abordaranse en diferentes temas, procesos agrarios, experimentai e industriais, onde os conceptos teóricos da Fisioloxía Vexetal poñense en práctica.
Plan de continxencia
(i) adaptación a realizar no caso de non presencialidade sobrevida causada por gromos da enfermidade
1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son básicos para a formación dun Graduado en Bioloxía
2. Metodoloxías
As clases maxistrais, prácticas e grupos reducidos desenvolveríanse totalmente on-line.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.
4. Modificacións na avaliación
Avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
libros electrónicos de acceso libre emateriais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(ii) adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia:
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías